ASTRONOMÍA E NATUREZA

A idea de facer un campamento sobre astronomía é ofertar unha actividade atractiva e singular dento das actividades de Nadal sobre a observación das estrelas e o ceo ademáis de combinalo con actividades deportivas e de tempo libre para que os rapaces e rapazas pasen uns dias máxicos nun lugar de observación privilexiado.

O Albergue de San Xoán de Rio conta cunha das zonas de ceo de Galicia onde mellor se poden observar as estrelas.

Ademáis de contar cun observatorio que ten unha cúpula completamente robotizada onde poderán aprender coñecementos sobre o universo xunto con personal da Universidade de Vigo, o que coñecemos, o que descoñecemos e analizar os posteriores datos e coñecementos a través de diversos programas
informáticos.

Os Teus Datos

Ficha Técnica

Dia-6-1-760x760.jpg

Datas

Para nenas e nenos de 9 a 12 anos
395 €
Quenda 1: 1-8 xullo | Quenda 2: 11-18 xullo |
Info Albergue
Dia-5-760x760.jpg

Actividades

Obradorios de Astronomía | Diorama Planetario | Reloxo de Sol | Astro-Tecnoloxía | Xincanas | Olimpiada Interplanetaria | Aula de Natureza | Xeocaching | Rutas | Grandes Xogos | Tiro con Arco | Veladas Temáticas | Observación astronómica con técnicos
Dia-3-760x760.jpg

Aloxamento

- Tipo de Aloxamento: Albergue Xuvenil - Prazas Totais: 80 - Cuartos: compartidos con baño común - Literas: sí - Necesidade de saco de durmir: sí - É necesario levar toallas: sí, 2 - Menús Especiais: sí
Reserva a túa praza

Un montón de cousas!

Desfrutaremos da iniciación á astronomía, actividades na natureza, actividades deportivas,… ademáis de disfrutar dun entorno ideal.

Descubriremos a contorna a través de actividades de exploración do medio natural.

Coñeceremos aos nosos compañeiros e compañeiras a través de veladas, pequenos e grandes xogos, e aprenderemos a disfrutar da nosa nova realidade..

O Campamento comezará o primeiro día ás 9:00 e rematará o último día despois de xantar, ás 17:00 horas.

Está incluído no prezo o almorzo, o xantar, a merenda e a cea.  A pernocta terá lugar en albergue xuvenil, pero trae saco de durmir é imprescindible.

O límite é de 7 días antes de comezar o campamento.

  1. Cobre o formulario na reserva de praza. Ingresa 100 euros en concepto de reserva de praza na conta de ES31 2080 5191 1830 0002 4353. Concepto: “Campamentos de Galicia”. Esta cantidade non é reembolsable no caso de que te deas de baixa durante o proceso (é a cantidade que asegura a viabilidade da celebración da actividade!). Descontaráseche do prezo total ao realizar nun segundo pago e si se reembolsará na súa totalidade no caso de que non se puidese realizar o programa porque non se cubriran as prazas mínimas.
  2. Envía o resgardo do ingreso ou da transferencia na conta ao correo campamentosdegalicia@vidalactea.com poñendo no asunto o “Nome e Apelidos” do participante.

Poñerémonos en contacto contigo a través de correo electrónico dúas veces. Unha primeira para confirmar a recepción da reserva e do pago, e unha segunda para confirmar a celebración da actividade, informar dos prazos para realizar o resto do pago e darche algunha  información práctica. Se tes calquera dúbida podes chamarnos ao 982 82 84 96

Agardámoste!

PREPARA

o campa da túa vida

Disfrutarás coma nunha dunha experiencia que non olvidarás xamais, pero antes tés que prepararte moi ben e saber que é o que tés que levar, como tés que facer para que poidas disfrutar a tope a experiencia.

Kit de Benvida
Estás a pensar en
ir este verán de campa?

OU

Reserva agora
para non perder praza!
icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2021. Tódolos dereitos reservados