Info
Campamento de multiaventura da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Campamento de temática medioambiental que tén como liña principal dar a coñecer o Xeoparque Montañas do Courel, con visitas, rutas, actividades medioambientais, deporte na natureza…
A instalación é o Albergue Municipal de Quiroga; atópase situado no mesmo pobo de Quiroga e o aloxamento é en réxime de pensión completa con literas. O Centro consta de dúas plantas cunha capacidade para 100 prazas.
Ten accesibilidade para persoas con mobilidade redicida.
Pódese chegar por tren ata Monforte de Lemos, ou ben por bus tamén ata a estación de autobuses de Monforte, algunha liña diaria existe ata Quiroga.
Por estrada Quiroga atópase a 30 km de Monforte de Lemos pola estrada N-120
Rúa Real, 118, 27320 Quiroga, Lugo
982 42 81 66