Está mañá de 22 de Xuño, durante o Roteiro intermareal, comezamos o campamento con sorpresa, os rapaces e rapazas atoparon unha raia barada na area a 5 metros da liña de mar.
Pensabamos que estaba morta, mas ao tocala coidadosamente, ésta reaccionou, polo que decidimos levala de volta ao mar.
Non se atrevían a collela, pero Samuel tomou a iniciativa. Ao soltala nadaba en círculos e pensaban que estaba atorada, pero ao pouco tempo xa se adentrou no mar e desapareceu da nosa vista.
Os rapaces e rapazas sentíronse ben e emocionados por conseguir salvala.
Salvamos unha raia!
Salvamos unha raia!
Raquel