Elixín o campamento de Area para facer as prácticas porque era un campamento ao que sempre tiven ganas de ir de acampada, pero nunca se deu o caso. Interésanme bastante as actividades náuticas e creo que aquí o programa é bastante completo.
Fixen aquí todas as miñas horas de prácticas, estando en dúas quendas con nenos de diferentes idades. Ao principio cheguei bastante perdida, sen saber ben que era o que tiña que facer como monitora e como tratar cos nenos. Os meus compañeiros puxeron sempre moito da súa parte axudándome en todo o que necesitase e tratándome como unha máis, incluíndome sempre en todo aínda que unha parte deles se coñecesen xa de antes.
Das actividades náuticas nas que participei, as que máis me gustaron son windsurf e vela, que xa practicara de nena como acampada. Con respecto a actividades doutro tipo realizadas tamén desfrutei moito as veladas e a excursión, xa que son momentos nos que se fai máis piña entre acampados e monitores.
Penso que esta experiencia será inolvidable, xa que me levo momentos moi especiais, risas, aprendizaxes e a satisfacción de formar parte dun proxecto educativo deste estilo. Esta experiencia confirmoume que quero seguir traballando no ámbito do tempo libre, especialmente con actividades náuticas.
Alicia