Coa ilusión do Entroido, o noso campamento transformouse nun circo cheo de cor, música e diversión. Durante estes días fomos malabaristas, acróbatas e artistas, e vivimos a maxia destas festas cheas de sorrisos e actividades.
A creatividade acompañounos nas manualidades: fixemos malabaristas de cartón, deseñamos o noso pequeno circo personalizado e preparamos un bol de palomitas para completar a experiencia.
Tamén houbo tempo para a acción e os retos.

Practicamos acrosport con figuras de circo, superamos misións secretas nas que cada quen tiña un personaxe propio do circo que debía protexer sen ser descuberto, e pechamos coa celebración do noso propio concurso de talentos, cheo de aplausos e risas.
Sen dúbida, foi un Entroido inesquecible.

Agora que baixamos o pano… cal será a nosa próxima aventura?

Andrea

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2026. Tódolos dereitos reservados