O campamento de Portomarín vén de comezar nestes días e os nenos e nenas están acomodándose ao igual cá o resto dos monitores e monitoras a unha nova situación.

O principal é pasalo ben, coñecerse, facer novos amigos, pero tamén facer deporte no río e refrescarse neste calor sofocante que temos estes días en Galicia.

O Campamento de Portomarín é un campamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia que se fará en xullo, agosto e principios de setembro.

Xulio, o seu xerente, envíanos esta crónica: “E xa comezamos a tempada estival de campamentos en Portomarín neste ano 2020! Un día de moitos nervios, emoción e ilusión que as máscaras hixiénicas non impedían adiviñar nos rostros dunhas rapazas e rapaces que chegaron onte con maletas repletas dunha roupa limpa que minguará rapidamente coa intensidade das actividades que estar por vir. Foi un día con moitos xogos para irse coñecendo pero tamén para relaxarse tranquilamente na herba na hora de merenda.”

Leave a comment

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2024. Tódolos dereitos reservados