A miña historia con este campamento comezou no 2021, cando vin por primeira vez como acampada. Volvín no 2022, 2024 e 2025 porque, simplemente, encántame estar aquí. Cada vez que remataba o campamento marchaba con ganas de volver e cun montón de recordos que gardar.
Este ano regresei dunha maneira diferente: para facer as miñas prácticas como monitora. Volver ao lugar que tantas veces desfrutei como acampada e poder vivilo desde o outro lado, con este equipo tan marabilloso, foi moi especial.
Durante estes días pensei moitas veces na nena que fun cando viña aquí. Eu desfrutei moitísimo de cada actividade, das veladas, dos xogos, das amizades e de todos eses pequenos momentos que fan que un campamento sexa inesquecible. E iso é precisamente o que máis ilusión me fixo de ser monitora: poder transmitirlles aos nenos un pouquiño de todo o que eu sentía cando estaba no seu lugar.
Agora marcho sabendo que este campamento me deu moito máis do que podía imaxinar cando viña como acampada. Deixoume momentos que sempre recordarei cun sorriso, ensinoume o importante que é poder chegar a vivir unha experiencia así. Significa ter a oportunidade de deixar un pouco de min en cada acampada durante estes días.
Oxalá algún dos nenos marche desta experiencia co mesmo cariño que eu sentín por Area, con ganas de volver e con recordos que lle queden para sempre.
E agora que me toca marchar, lévome comigo todo o vivido e a ilusión de poder volver. Despois de todos estes anos, sería moi especial que o próximo verán me deixasen estar aquí, como monitora, seguindo esta historia en Area. ❤️

Irene

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2026. Tódolos dereitos reservados