Info
Campamento de multiaventura da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, con actividades multiaventura, escalada en rocódromo, tirolina, slackline, rastrexo, tiro con arco, xogos tradicionais, e moito máis,…
O Campamento Xuvenil de Mariña Española está moi preto de Sada e realízase nun albergue xuvenil grandioso con grandes espazos e boas instalacións deportivas, moi pretiño da praia. O aloxamento é en cuartos. Conta con comedor, cociña, primeiros auxilios, instalacións deportivas e pavillón polideportivo.
Os exteriores e os accesos ás zonas comúns están adaptados parcialmente. Só a planta primeira ten o aseo adaptado. As habitacións teñen maioritariamente liteiras. Carece de ascensor.
A 1,5 km de Sada (A Coruña), na estrada a Betanzos.
Lugar Lagoa 40, 15167 Sada (A Coruña).
981 620 118