Info
Campamento de multiaventura da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Campamento de temática creativa no que poderás descubrir a Axenda 2030: creación web (obradoiro de deseño de páxinas web para crear unha páxina web para o noso prototipo), obradoiro de creación de ideas a través de xogos de mesa, pílulas creativas (miniclases maxistrais por parte de emprendedores), prototipo 2030 axundándonos de diferentes ferramentas
tecnolóxicas e creativas, ruta en caiac polo embalse de Portomarín e iniciación ao paddleboard, tramo do Camiño de Santiago entre Portomarín e Palas de Rei, xogos predeportivos, xeolocalización (xincana de orientación con compases e apps para orientarse), piscina fluvial, videocurrículum (obradoiro para aprender a facer o noso CV), video-presentación (aprendemos a facer a nosa carta) e obradoiro de comunicación (melloramos a nosa capacidade de expresarnos en público).
A instalación é o Albergue Xuvenil Lug 2 inaugurado nos anos 60 como centro educativo residencial e reformado no ano 2009 atópase situado a pouco máis de 5 minutos do centro da cidade de Lugo e a pouca distancia da natureza que nos ofrece o rio. O Centro consta de tres plantas cunha capacidade para 75 prazas.
Ten accesibilidade para persoas con mobilidade redicida.
- A CORUÑA: Autovía A-6, ata o centro de Lugo
- SANTIAGO DE COMPOSTELA: N-634 e logo autovía A-6, ata o centro de Lugo; ou N-547 e A-54 ata o centro de Lugo
- OURENSE: N-120 E CG-2.2 ata o centro de Lugo
- PONTEVEDRA: Autopista AP-9 ata Santiago de Compostela
Rúa Pintor Corredoira 4 – 27002 Lugo
982 828496