Este veran tiven a oportunidade de traballar no campamento Os Chacotes como monitora xunto con outros boisimos monitores. Ao principio tiña moitisimas ganas, pero tamen estaba algo nerviosa, por se non podía chegar a altura dos compañeiros ou o difícil que podia ser tratar con rapaces.

Durante o campamento participei en diferentes actividades, xogos e veladas, acompañando aos nenos no seu día a día. Unha das cousas que máis me costou foi conseguir que me fixeran caso o máximo tempo posible e aprender a xestionar os momentos de conflicto. Co paso dos días fun coñecendoos mellor e aprendendo que funcionaba mellor con cada un.

Ainda que houbo momentos de solo cansancio e situacions complicadas, tamen houbo moitas risas e bos momentos. A idea de que os rapaces te acaben querendo tanto, sobre todo os que acompañas todas as noites a preguntarlles que tal o dia e decirlles que durman ben, é algo precioso.

Esta experiencia axudoume moitisimo a mellorar como persoa e a repetiría sin duda algunha.

Lévome moitos recordos de Os Chacotes e, ainda que houbo momentos nos que pensei «non podo máis», tamen sei que vou botar de menos moitas das cousas que se viviron alí.

Vania

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2026. Tódolos dereitos reservados