Nas nosas instalacións, cun novo concepto de actividades e espazos, en grupos máis reducidos. Levaremos a cabo a maioría das actividades ao aire libre, e será o eixo fundamental: o contacto coa natureza
Actividades en inglés, de aventura e natureza, grandes xogos, ximkanas, cociña
creativa, con pernocta… un conxunto de actividades destinadas para nenos e nenas de 2 a 14 anos, onde poderán facer diversas actividades.
Os Teus Datos
Ficha Técnica

Quenda

Actividades

Lug 2
Un montón de cousas!.
Sobre todo tentaremos que a maior parte das actividades sexan en espazos exteriores. O noso edificio tén un xardín e un patio moi grande onde faremos toda a programación de actividades e xogos para pasalo ben.
Como tés nas informacións da web temos diferentes horarios.
7:50 – 9:00 – Madrugadores
9:00 – 14:00 – Ludoteca
14:00 – 15:00 – Xantar
15:00 – 16:00 – Sobremesa
Podes elixir o que precises.
Tés opción de elixir os nosos xantares, cada día temos menús diferentes.
Prazo de inscrición desde o 5 de maio
Enche o formulario na reserva de praza. Ingresa ou paga en efectivo o 50% do total en concepto de reserva de praza. Se o fas por transferecia na conta de ES31 2080 5191 1830 0002 4353, concepto: “Campamentos de verán lug 2 e o nome do usuario”. Esta cantidade non é reembolsable no caso de que te deas de baixa nos anteriores 7 días do comezo da actividade durante o proceso (é a cantidade que asegura a viabilidade da celebración da actividade). Descontaráseche do prezo total ao realizar nun segundo pago e si se reembolsará na súa totalidade no caso de que non se puidese realizar o programa porque non se cubriran as prazas mínimas.
Envía o resgardo do ingreso ou da transferencia na conta ao correo iria.quintans@vidalactea.com poñendo no asunto a palabra “Nome e apelidos” do participante.
Poñerémonos en contacto contigo a través de correo electrónico dúas veces. Unha primeira para confirmar a recepción da reserva e do pago, e unha segunda para confirmar a celebración da actividade, informar dos prazos para realizar o resto do pago e darche algunha información práctica. Se tes calquera dúbida podes chamarnos ao 982 82 84 92
Agardámoste!