A partir desta situación histórica de illamento social e a posterior necesidade de conciliación familiar, xorde o programa Concili@.
Actividades programadas con grupos reducidos dende xuño ata setembro, en espazos controlados, dende as 8 ata ás 16 horas, con moitas actividades ao aire libre e nas propias aulas, coa dinamización e socialización dos nenos e nenas para intentar que a súa volta á normalidade sexa o mellor posible.
As actividades están destinadas para nenos e nenas de 3 a 11 anos, onde poderán facer diversas actividades contando con todos os protocolos sanitarios e de seguridade.
8:00 – Recepción no lugar da actividade.
Posibilidade de almorzar.
Seguimos o protocolo de recepción.
Creación de xogos: de mesa, tradicionais.
9:00 – Seguimos todos os protocolos de recepción, aforo…
09:15 – Comezo da 1ª actividade
Comezamos a primeira actividade. Seguimos todos os protocolos de material e preparámonos para o desenvolvemento da mesma.
11:15 – Tentempié
O tentempié é persoal, que trae cada participante. Faremos uso das mesas previa desinfección, que procederemos a deixar da mesma forma ao rematar.
11:45 – Comezo da 2ª actividade da mañá
Comezamos a segunda actividade. No caso de volver a usar o material xa estará perfectamente desinfectado.
13:45 – Recollida e despedida
Recollemos e desinfectamos todo o material.
14:00 – Xantar
O xantar elaboraráse nas propias cociñas seguindo todos os protocolos de seguridade alimentaria e sanitacia, que será ofrecido de forma individual a cada participante. No caso de non haber cociñas, haberá a opción de catering.
15:00 h Sobremesa
Mantemos o protocolo de recollida.
Creación de xogos: de mesa, tracisionais.
Terás toda a información e o lugar de inscrición en breve AQUÍ.