Info
Un novo campamento para este verán no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá. Un campamento tradicional con mistura de actividades deportivas, grandes xogos,…e actividades ambientais: coidado de horta, recoñecemento de plantas aromáticas, obradoiro de xabón e de mel… Ademáis de recuperar unha actividade estrela dos campamentos previa á pandemia mundial do Covid-19 como é a acampada exterior
O edificio principal conta con 45 prazas en cuartos triplos con baño dentro dos mesmos, diferentes aulas, sala de xogos equipada con billares e futbolín, un salón de actos e un comedor. A súa finca ten unha extensión de 75 hectáreas de zonas verdes e árbores autóctonas, pista deportiva, un criadeiro de perdices, colmeas, cabalos e vacas rubias galegas que fan que sexa un lugar idílico para o desenvolvemento de campamentos son temática rural, ambiental e da alta montaña tradicional galega.
Ten accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.
Pódese chegar desde Becerrea pola N VI dirección Baralla collendo desvío LU680 polo Cereixal e logo a estrada comarcal LU- P-0704.
Penamaior, s/n – 27695 – Becerreá (Lugo) 42°51’48.3″N 7°11’09.6″W27695 Becerreá, Lugo
982 82 83 67