Ante a alerta sanitaria de contaxio de Covid-19 creamos unha serie de protocolos definidos nun Plan Xeral de Continxencia revisable con data 12 maio de 2020 atendendo ás indicacións do Ministerio de Sanidade e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Manifesto
A situación provocada pola pandemia COVID-19 implica moitas dúbidas á hora de acometer unha nova realidade de todos nós fronte o desenvolvemento do noso traballo en época estival e que compromete o futuro dun sector que pode desaparecer. Neste esceario e ante as diferentes fases de desescalada anunciadas polas autoridades competentes e á apertura pouco a pouco dos espazos á sociedade e á apertura da relación social convén comezar a estudar cada un dos puntos que teñen que configurar un novo xeito de entender e de comprender o lecer e o tempo libre.

As motivacións máis importantes que levan a este grupo de profesionais a plantexar este plan de continxencia revisable son de orixe múltiple ao mesmo tempo que dar respostas concretas e seguras á sociedade, entre as que se atopan:

  • Dar ás familias galegas a posibilidade de conciliar a súa vida laboral coa dos seus nenos e nenas: neste tempo é moi pouco probable e máis inseguro que os nenos galegos vaian a pasar o verán xunto cos seus avós (grandes conciliadores da sociedade) e precisen de espazos para
    estar de xeito seguro e non facer que algún dos seus proxenitores teña que renunciar ao seu posto de traballo e así renunciar a ingresos no núcleo familiar.
  • Continuar cun modelo de traballo que tén unha importante incidencia na mobilidade económica en época estival: o volume total das diferentes campañas de verán e o volume global en Galicia pode rondar tranquilamente os tres millóns de euros.
  • Conceder unha oportunidade laboral á mocidade galega: o 99% dos traballadores da Campaña de Verán en Galicia teñen entre 18 e 30 anos, sendo moi importante o número de mozos e mozas que teñen no tempo libre a súa primeira experiencia laboral.
  • Crear un agasallo ao comportamento da mocidade galega durante a pandemia: é imprescindible dar saída aos miles de mozos e mozas que estiveron recluídos e que teñan espazos de lecer controlados e seguros e de disfrute á vez; neste punto sería imprescindible dar espazos aos mozos de 18 a 30 anos que tiveron un comportamento exemplar.
  • Crear unha nova experiencia no tempo libre baseada na seguridade: a fin de que todos xuntos imos aprender desta nova situación que fará que a seguridade será o principio básico de desenvolvemento de plans de acción consensuados e en continua revisión e modificación.
    Obxectivos.
    Tres son os obxectivos que se perseguen coa implantación dos protocolos para estas medidas:
  • Seguridade do persoal: empregados e colaboradores.
  • Seguridade dos usuari@s.
  • Seguridade dos residentes da localidade e municipio onde nos atopamos.
    Catro son os grandes eixos sobre os que pivotan estes protocolos:
  • Definir os mínimos para abordar a desinfección dos obxectos en contacto coas persoas.
  • Como solucionamos a distancia entre persoas dentro das instalacións.
  • Establecer os protocolos de traballo por departamentos dentro da empresa. Isto faise por trazabilidade e minimizar as consecuencias en caso de alarma.
  • Recomendacións para o desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre na fase posterior á fase 3.

A continuación tedes un resumo do que imos a poñer en práctica en vindeiras datas.

Leave a comment

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2024. Tódolos dereitos reservados