O Concello de San Cibrao das Viñas (Ourense) volve a confiar en nós para organizar o seu campamento de verán. Despois dun ano de parón pola pandemia volvemos con moita ilusión e sobre todo con moitas forzas.
Este ano será un campamento con temática de Surf en Oleiros (A Coruña) do 23 ao 30 de xuño.
O período de inscrición arranca o luns 12 de abril e permanecerá aberto ata 26 de abril. Contará con 20 prazas por orde de inscrición.
Máis info no Concello de San Cibrao das Viñas.