Ola a todos/as!
Somo o grupo 1 formado por Iker, Paula, María, Xabi, Antía, Adrián, Ada e Fabio.
Chegamos onte e coñecémonos con xogos de presentación. Despois fomos a xantar e ao rematar fomos ás habitacións a desfacer as maletas. Logo fixemos un simulacro de evacuación e estivemos xogando toda a tarde.
De súpeto comezou a chover moito e cambiamos a velada pola peli de Zootrópolis que estivo moi ben antes de ir durmir.
Hoxe fixemos kaiak e paddle-board pola mañá e despois á tarde fixemos un programa de radio en inglés.
Ata mañá!