Ola! Somo o grupo 6, un grupo de rapaces e rapazas de entre 13 e 15 anos.
Viñemos a este campamento para pasalo ben mentres reforzamos o noso nivel de inglés e, sobre todo, a facer amigos/as.
Ata agora a nosa actividade favorita foi facer kayak aínda que tamén nos gustou moito a actividade da curtometraxe.
En xeral esperamos o momento da noite pola velada que é o noso momento favorito do día e os/as monis fano aínda máis divertido.
Esperamos que os próximos días sexan tan entretidos como ata o de agora!
Aquí vos deixamos o noso programa de radio, no que teredes algunha información sobre a película que fixemos.