Ola, somos Martina e Claudia e imos contarvos a nosa experiencia nestes tres anos vindo a este campamento.
É un campamento moi completo en canto a actividades e sentimos que cada ano estas van mellorando. Nós, persoalmente, sempre temos unha moi boa experiencia, gozando e colaborando sempre cos nosos compañeiros e, grazas a este campamento, todos os anos levamos unha nova amizade.
Aínda que non todos os campamentos sexan iguais, sempre vivimos experiencias inesquecibles e de cada un levamos un recordo especial que gardaremos con moito agarimo durante toda a nosa vida.
Especialmente queremos agradecerlles aos monitores por facer que esta experiencia sexa sempre incrible.
Ata o ano que vén!

