Presentámosvos un novo programa de actividades de 1 a 5 días.

A partir desta situación histórica de illamento social e a posterior necesidade de socialicación progresiva, xorde o programa Experiencias Infantís e Xuvenís.

Actividades de 1 día ou 5 días en diferentes localizacións na provincia de Lugo e Ourense que ten como obxectivo xeral a dinamización dos nenos e nenas para intentar que a súa volta á normalidade sexa a mellor posible.

As experiencias están destinadas para nenos e nenas de 9 a 15 anos onde poderán facer diversas actividades contando con todos os protocolos sanitarios e de seguridade.

Os Albergues Xuvenís serán os espazos de realización deste programa xa que coidamos que reúnen todas as condicións de illamento esixibles, ademáis de todas as revisións sanitarias establecidas polos protocolos de seguridade para os Albergues a partires do estudo de Medidas para a reducción do contaxio polo coronavirus SARS-CoV-2: Albergues/Hostels elaborado polo Comité de Técnicos constituido polo ICTE en colaboración coa Agrupación Nacional de Hoteis e Albergues Turísticos, a Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), S.A. Xacobeo e organizacións e empresas do sector e consensuado coa Asociación Española de Servizos de Prevención Laboral (ASEPLA), PRLInnovación, e cos sindicatos CCOO e UXT. Coordenado pola Secretaría de Estado de Turismo, as Comunidades Autónomas e a FEMP.

Leave a comment

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2024. Tódolos dereitos reservados