Este ano tivemos un verán de campamentos moi especial, tremendamente satisfactoria a experiencia debido á seriedade dos equipos de monitores e directores así como á responsabilidade dos nenos e nenas que tivemos con nós.

A experiencia serviu para poder comprobar que unha actividade controlada e cuns protocolos bastante férreos non teñen porque condicionar que os nenos e nenas non o teñan porque pasar ben, todo o contrario, foron moitos os mails e mensaxes que nos mandastes facendo ver que os vosos fillos e fillas tiveran unha das mellores experiencias da súa vida.

Chega o nadal, e queremos repetir a experiencia, e por eso creamos a actividade Campas de Nadal, tres campamentos de 3 ou 5 días cun límite de prazas entre 12 e 21 adaptado ás circunstancias que estamos a vivir.

En principio partimos da ratio de monitores 1/7 que hoxe en día está en 1/4, pero coidamos que a situación vai mellorar, cara o nadal, e senón fora así manteríamos a ratio 1/4, con tal de que os nenos e nenas o pasen ben; nun ambiente relaxado e afastados de tanta e tanta información que os está devorando.

Grazas por seguir contando con nós.

Leave a comment

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2024. Tódolos dereitos reservados