1º Día da 4º Quenda en Chacotes

Ola, somos Noa e Lorena. O noso primeiro día de campamento nos Chacotes foi moi divertido. Cando chegamos estivemos falando co resto dos compañeiros/as e xantamos. Despois, explicáronnos todas as normas e presentaronnos aos monitores. Máis tarde, escollemos ao noso compañeiro/a de tenda e instalámonos. Durante toda a tarde, fixemos moitos xogos para coñecernos mellor, e merendamos co noso grupo burbulla. Duchámonos, ceamos e finalmente chegou o mellor momento da noite, a velada. Estivemos un anaco vendo a chuvia de estrelas, léronnos un conto e fomos durmir. 

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2024. Tódolos dereitos reservados