Onte fixemos unha actividade na que voltábamos á idade media e nos poñíamos na vida dos diferentes compoñentes da sociedade da época.
Cada persoa do grupo recibía un papel no que se lle indicaba que personaxe tiña que interpretar e como debía facelo. Os diferentes roles eran: o rei, a raíña, o cabaleiro, a noble, e os campesiños. Cada rol interpretábase dunha maneira diferente, por exemplo, o rei debía ter un comportamento formal, mentres que as campesiñas se comportaban de forma máis rebelde.
O grupo imitaba ser un pobo que facía o Camiño de Santiago e visitaba as diferentes vilas que había polo Camiño. Cado o grupo chegaba a unha vila tiña que superar un desafío que lle propoñía un monxe.
Esta actividade permitíanos experimentar as diferenzas na calidade de vida na Idade Media, por exemplo, as campesiñas tiñan unha vida moi dura, xa que tiñan que obedecer as ordes do rei e non tiñan comida para subsistir, mentres que o rei, o cabaleiro, a raíña e o noble tiñan unha vida máis levadeira. Tamén podíamos ver cómo a raína non podía opinar, só podía aportar a decisión do rei.
Joel