Este ano, no Campamento de Primavera do Albergue Xuvenil Lug 2, estámolo a pasar moi ben!, Xuntamos un grupo de nenas e nenos que están a disfrutar das vacacións de Semana Santa.
Nestes dous días pasamos o tempo da maneira mais divertida que poidemos: fixemos galletas, creamos as nosas tartarugas con cartón reciclado, convertímonos en pequenos científicos, fixemos ximkanas,… Pero sobre todo serviu para reencontrarse con nenos e nenas de outros anos e coñecer novos compañeiros.
O mellor é que aínda nos quedan dous días máis que aproveitaremos ao máximo!
María e Ángela