Pánico nas Ons

A velada que máis me gustou foi a do quinto día de campamento, velada de terror. Os monitores e monitoras estiveron actuando todo o día, xa que supostamente a dous deles habíalles picado un mosquito que non estaba identificado, era azul e con raias amarelas. Polo tanto, fixeron que estaban enfermos durante todo o día. Os demais monis tamen participaban preocupándose por eles e evitando que nos acercáramos as persoas infectadas.
Cando voltamos da actividade da tarde mandáronnos recoller as nosas cousas e facer grupos para evacuarnos no helicóptero. Na cea os monitores e monitoras finxiron estar enfadados co director e marcharon; Cada un dos grupos tiña que superar probas e buscar pistas para chegar ata os monis, que estaban infectados, por todo o recinto .
Cada moni tiña unha frase que nos daba pistas para atopar ao culpable de todo.

Por último, despois de toda esa tensión e alboroto, tumbámonos no chan, apagaron as luces e mentres contemplábamos as estrelas, o director contounos un conto.

Paula Fernández

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2024. Tódolos dereitos reservados