Os meus dias en Illa Marabilla

Ola! Son Xiana e vouvos contar a miña experiencia no campamento da Illa de ons.
As personas e os monitores son excelentes, moi atentos e divertidos.
A miña actividade favorita por agora foi Descobre Ons xa que pasei un moi bo rato e as vistas son preciosas.
Un día calquera no campa e moi entretido. Espertas tranquila rodeada de xente que te cae ben, almorzas comodamente e fas o activate. (aínda que nese punto eu aínda sigo dormida pero despois xa esperto).
As actividades están moi ben organizadas e decontado chega a hora de comer. As cociñeiras son moi riquiñas. Despois toca a hora dos móbiles onde podemos falar coas nosas familias e e algo que me gusta moito.
As tardes na praia son increíbles e as veladas súper orixinais e únicas.

Eu non lle vexo ningún defecto ao campamento.
Grazas por leerme.

Un gusto,
Xiana

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2024. Tódolos dereitos reservados