Este xogo foi creado por un grupo de catro nenos do Campamento Multiaventura de A Devesa, nunha das actividades que tiñamos propostas polos nosos monitores chamada Intermareal. Unha vez que se nos explicou a dinámica da actividade e se nos deron unhas cartas de información sobre a a biodiversidade da Costa Lucense, xurdiunos a idea de realizar o noso propio xogo. Este funciona da seguinte maneira. Cada carta ten un ( * ) o cal nos consideramos puntos, que teremos que ir contando para así poder gañar. As maneiras de gañar é conseguindo a maior cantidade posible de puntos. Ao final da ronda o que teña mais puntos gaña, quedándose coas cartas dos contrarios. Ao remate da partida gañará o que maís cartas teña no seu cementerio. Algunhas das cartas teñen habilidades especiais: Coral: bloquea a carta de tiburón. Barnacla: baralla as cartas dos contrarios e reparteas. Langosta: cambia unha das cartas do rival por unha do mazo de cartas. Polbo: pódese utilizar dunrante unha ronda extra. Moluscos de 1⭐: protexe unha carta. Medusa e anénmona: quitan un *. Delfín: podes mirar a seguinte carta do mazo ou unha das carats do rival. Algas: só maximiza outras cartas ou a outras algas.
Anguía: anti medusa/ anemona; non lle afecta os seus choques.
Esponxa: maximiza calquer carta.
Alejandro, David, Néstor e Ivan.
Campamento de Multiaventura A Devesa 2022