Ola a todos/as:
Son Mateo e quería dicirvos que no campa de Mariña montamos follón ben organizado, cantamos, bailamos e, sobre todo, divertímonos moito. É o mellor campamento de Galicia segundo os meus pais e, a verdade, é que teñen toda a razón.
Supoño que xa saberedes que é a Mariña, non? Unha vez que esteades no campa vós seredes a Mariña. Todas as actividades son moi divertidas e seguras, chulísimas!
Agora, vouvos falar de Wilson; Wilson é un “chanclo americano” e é a mascota de Adrián, un dos monitores. A nós gústanos moito telo polo campa e coidar del.
E, agora, só falta falar de Alfonsina: xa veredes quen é e como é. Só podo dicir que é a administradora das cartas do campa e que o momento con ela é o mellor. Tamén administrará as cartas que vós escribades. Vén de Hawai e tédela que tratar moi moi ben.
Un saúdo,
Mateo R.