Xa chegamos á metade desta ludoteca de Nadal no Lug2. Esta primeira semana pasámolo tan ben, que foi rapidísima. Cada mañá descubrimos un novo conto de Nadal que nos levou a viaxar polo de reino de Papá Noel, os tres Reis Magos de Oriente, e incluso ás casas de moitos dos protagonistas destas datas, os máis pequenos da casa.
Tamén contamos coa compaña dun elfo que non paraba de facer trasnadas, propornos retos, pecharnos dentro do albergue e ter que facer probas para saír… En definitiva, foi unha semana chea de novas experiencias, xogos e sobre todo novas amizades coñecendo a todos os participantes desta ludoteca de Nadal.

Eva

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2024. Tódolos dereitos reservados