Hoxe remata o último campamento de Becerreá, pechando cinco quendas inesquecibles.
Moitos de nós (por non dicir todos os monitores e mais eu xa) sentimos o cansazo de levar mes e medio de campamentos seguidos. Pero paga a pena.
Paga a pena cando ves aos acampados gozar de cada actividade, de cada xogo e de cada momento. Non vos vou mentir: coidar de 35 nenos non é doado. A nosa labor non consiste só en organizar actividades unha tras outra; tamén facemos de psicólogos improvisados cando alguén necesita desfogar, de enfermeiros e enfermeiras cando hai unha caída ou doe a cabeza, de vixiantes nocturnos por se pasa algo e, ás veces, ata de axudantes de cociña no comedor.
Todo ese esforzo compensa cando te decatas de que estás facendo todo o posible para que estes nenos disfruten do seu verán. Porque todos pasamos por esa etapa de ir ao colexio desexando que chegasen as vacacións, e saber que 35 pequenas persoas viviron un verán incrible fai que todo mereza a pena.
Grazas a todos os acampados, ás familias e, sobre todo, ao equipo de monitores por facer destas cinco quendas algo tan especial.
Nube.

