A mañá do 24 de xuño comezou de maneira diferente, facendo un roteiro desde o albergue de Area ata Viveiro.
Ao chegar alí os monitores propuxéronnos unha “Misión Imposible”; tiñamos que responder unha serie de preguntas sobre a historia e curiosidades do pobo sendo axudados pola xente de Viveiro, fixemos varios grupos; o noso era “ViveiroExpress”.
Despois de facer unha chea de preguntas á xente, entre eles un historiador que nos axudou moito e contounos cousas moi interesantes, conseguir que bailasen unha canción connosco e nos axudaxen a pescudar moitos segredos de Viveiro !!!
E sabedes que??… Acabamos gañando a medalla de ouro!!!!
Pasámonolo xenial porque foi un día diferente aos demais!
Antia Pardo, Martina Salgado, Ana Diz, Xiana Castañeiras, Diego González, Aroa Conde, Aroa Sotelo, Andrea Araujo e Becky.