TECH CAMP

O Tech Camp é unha oportunidade creativa de primeira orde para os mozos e mozas de Galicia, unha oportunidade de crear a partir das novas tecnoloxías cun complemento tremendamente importante e de primeira orde como é o deporte activo.

Nas nosas instalacións, cun novo concepto de actividades e espazos, en grupos máis reducidos. Levaremos a cabo a maioría das actividades ao aire libre, e será o eixo fundamental: o contacto coa natureza

Actividades innovadoras e a disposición da mocidade galega para este verán.

Os Teus Datos

Ficha Técnica

IMG_20201212_143623-760x760.jpg

Datas

Para mozas e mozos de 15 a 17 anos.
385 €
Quenda 1: 1-8 agosto | Quenda 2: 11-18 agosto |
Info Lug2
IMG-20200806-WA0071-760x760.jpg

Actividades

Marketing dixital | Video e Smarthphone | Ruta BTT | 3D e fotografía dixital | Web-App | Tecnoloxía Drone | Piscina fluvial | Escalada en rocódromo | Xinkanas | Veladas
IMG_9853-760x760.jpg

Lug 2

- Tipo de Aloxamento: Albergue Xuvenil - Prazas Totais: 80 - Cuartos: compartidos con baño común - Literas: sí - Necesidade de saco de durmir: sí - É necesario levar toallas: sí, 2 - Menús Especiais: sí
Reserva a túa praza

Un montón de cousas!

Desfrutaremos das novas tecnoloxías, actividades na natureza, actividades deportivas,… ademáis de disfrutar dun entorno ideal a carón do Miño.

Descubriremos a contorna a través de actividades de exploración do medio natural.

Coñeceremos aos nosos compañeiros e compañeiras a través de veladas, pequenos e grandes xogos, e aprenderemos a disfrutar da nosa nova realidade..

O Campamento comezará o primeiro día ás 9:00 e rematará o último día despois de xantar, ás 17:00 horas.

Está incluído no prezo o almorzo, o xantar, a merenda e a cea.  A pernocta terá lugar en albergue xuvenil, pero trae saco de durmir é imprescindible.

O límite é de 7 días antes de comezar o campamento.

  1. Enche o formulario na reserva de praza. Ingresa 100 euros en concepto de reserva de praza na conta de ES31 2080 5191 1830 0002 4353. Concepto: “Campamentos de Galicia”. Esta cantidade non é reembolsable no caso de que te deas de baixa durante o proceso (é a cantidade que asegura a viabilidade da celebración da actividade!). Descontaráseche do prezo total ao realizar nun segundo pago e si se reembolsará na súa totalidade no caso de que non se puidese realizar o programa porque non se cubriran as prazas mínimas.
  2. Envía o resgardo do ingreso ou da transferencia na conta ao correo campamentosdegalicia@vidalactea.com poñendo no asunto «Nome e Apelidos» do participante.

Poñerémonos en contacto contigo a través de correo electrónico dúas veces. Unha primeira para confirmar a recepción da reserva e do pago, e unha segunda para confirmar a celebración da actividade, informar dos prazos para realizar o resto do pago e darche algunha  información práctica. Se tes calquera dúbida podes chamarnos ao 982 82 84 96

Agardámoste!

PREPARA

o campa da túa vida

Disfrutarás coma nunha dunha experiencia que non olvidarás xamais, pero antes tés que prepararte moi ben e saber que é o que tés que levar, como tés que facer para que poidas disfrutar a tope a experiencia.

Kit de Benvida
Estás a pensar en
ir este verán de campa?

OU

Reserva agora
para non perder praza!
icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2021. Tódolos dereitos reservados