Hoxe a aventura cobrou protagonismo cunha excursión na que percorremos sendeiros e descrubrimos as fermosas paisaxes e recunchos que se agochan por Portomarín. Entre camiñada e camiñada houbo tempo tamén para diversos xogos, afinar a puntería co tiro con arco, gozar dun xantar campestre e un refrescante baño no río. Un día redondo que se completou xunha movida e musical velada nocturna.
