A náutica volveu con forza neste día no que os kaiak e as taboas de paddle board surcaron as calmadas augas do encoro de Belesar, facendo como sempre as delicias da rapazada. Houbo tempo tamén para explorar a contorna cunha ollada diferente que nos fixo reflexionar sobre a importancia da conservación da Natureza e por suposto tamén atopamos un tempo para gozar do paso pola piscina. O día rematou dun xeito máis calmado e pausado cunha velada que nos fixo revisar e coñecer mellor as nosas emocións.
![](https://www.campamentosdegalicia.gal/wp-content/uploads/2020/07/WhatsApp-Image-2020-07-26-at-20.44.37.jpeg)