Comezamos o Campo de Voluntariado de Triacastela «Os Campos do Camiño» onde xs voluntarixs farán unha labor social e medioambiental axudando aos peregrinos e á xente do pobo en todo que sexa posible. Comezamos!!!
A alcaldesa de Triacastela Olga Iglesia recibiu aos participantes no campo que vai celebrar a súa primeira edición neste pequeno Concello da montaña luguesa. En declaracións a esta web Iglesias afirmou «a necesidade de facer este tipo de actividades para os mozos e mozas galegos, que agora máis cá nunca precisan este tipo de iniciativas», asímesmo agradeceu a presencia de todos e de todas en Triacastela e fixo de guía para os mozos e mozas nun percorrido das actividades que se podían atopar no lugar.
Logo delo os mozos e mozas fixeron unha descoberta de coñecemento do medio da zona e o director dirixiuse co tenente-alcalde a visitar os espazos onde irán facer as súas intervencións nos vindeiros días.