Benvidos/as ao blog do campa de Peares 2021, nós somos o grupo 1 da segunda quenda.
Onte chegamos aquí e pasámolo moi ben porque na velada tiñamos que ir atopando aos monitores e monitoras que andaban agochados pola instalación para formar o noso puzzle.
Hoxe pola mañá estivemos bastante tempo no embalse facendo actividades acuáticas como paddle-board e kaiak e alí pasámolo xenial. Ao saír da auga estivemos facendo xogos como o 123, o lobo…
Despois de xantar tivemos tempo libre para xogar e falar coas nosas familias… Que xa tiñamos moitas gañas!
Agora estamos a facer unha actividade de radio que ten as seguintes seccións: chistes, noticias, tempo, fake news… E todo isto en inglés! Un día xenial e moi activo!

Grupo 1

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2024. Tódolos dereitos reservados