Hoxe dia 26 de xullo de 2021 facemos este blog coa finalidade de mellorar as futuras experiencias e opinións dos próximos participantes e seus encargados.
Comezaremos falando dan veladas ainda que todas foron espectaculares e con moito recoñecemento hacia os seus creadores para nós as mais relevantes foron a de o covid-19 porque foi moi divertida e fíxonos reflexionar acerca da situacion na que estamo. Por outra parte cabe destacar o felices que nos sentimos ao traballar todos xuntos como se fosemos ún.
A segunda foi a chamada Far Fan, foi moi divertida e a que mais nos gustou. Con esta experiencia aprendimos deportividade e respeto polos nosos rivais. A mellor proba foi a do baile, xa que, aínda que non nos tocase participar, pasámolo igualmente fenomenal.
Temos a mesma opinión, en canto ó recoñecemente das actividades: as mais destacables son, os xogos de auga e tiro con arco, debido a sua destreza á hora de tirar a frecha o cartón e as posteriores probas ó dia seguinte. Mencionamos o Lugopoli xa que pudimos coñecer o lugar onde residimos.
Por puntos trataremos on diferentes actividades sobre o musical:
- Improvisación: aprendemos moito porque tratamos temas moi presentes nos nosos dias! Quizais non e a mais entretida pero estando todos xuntos faise mais amena.
Expresion: esta actividade gustounos moito e collimos mais confianza entre nos. ó principio era un pouco raro e costábanos expresarnos sen vergoña.
Decorado: é moi entretido e relaxante sentimonos moi agusto que se pode falar de todo sen medo a que nos xulguen.
En conclusión é un campamento moi divertido cheo de sorpresas e no que estamos a aprendendo mogollon de cousas. Dende a nosa parte queriamos darvos as grazas por esta marabillosa semana o voso lado e as grandes experiencias que nos levamos.
Mencia Balado, Alicia Colino