Primeiras experiencias en Mariña Española

Boas! Somos Helena e Vera e este é o noso primeiro campamento. Polo de agora o que máis nos gustou foron as veladas así que imos explicárvolas.
1º: Parchís. Fixemos equipos por cores, eliximos aos capitáns e xogamos ao parchís en vivo correndo un montón.
2º: Ninjas. Na segunda noite uns ninjas viñeron ao comedor a pedirnos axuda para facer probas en equipos e o capitán de cada un deses equipos tivo que xogar unha loita final contra os ninjas malos.
3º: Os segredos da Mariña. Os monitores e monitoras contaxiáronse dunha enfermidade que fixo que perderan a cabeza e escaparan e isto fixo que a súa personalidade cambiase, cambiando así de identidade. Despois, tiñámoslles que facer tres preguntas e adiviñar en que corpo estaban.
4º: Far Fan. Fixemos seis equipos e fixemos moitísimas probas de música, cada unha era distinta e non paramos de movernos.
O campamento foi divertido e os monitores/as fantásticos. Estamos desexando saber que máis veladas nos teñen preparadas.

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2024. Tódolos dereitos reservados