Benvidos lectores, gustaríame falar da miña experiencia no campa. Eu sei que todos botamos de menos aos nosos pais, pero é unha aventura que merece a pena vivir.
As monitoras son as que fan posible que o pasemos tan ben, axúdannos a todo o que necesitamos e máis, son o mellor!
A outra cousa que máis me gusta é coñecer a xente nova coa que xogar. Con eles facemos bailes, veladas, concursos, paseos… É xenial!
Pasaría toda a miña vida con eles, xusto coincidiu o meu aniversario. Foi impresionante que máis de 100 persoas me cantaran o cumpreanos feliz.
Anímovos a todos os nenos e nenas a vivir e a probar o campamento. É o mellor!
Claudio, 10 anos