Boas! Eu son Martina e agora mesmo estou no campamento de Mariña Española en Bergondo, e gustaríame presentarvos a Alfonsín.
Alfonsín é o encargado de gardar as cartas que lle dan os nenos/as e os monitores e monitoras (non se lle pode chamar buzón, parécelle fatal!). E, ás noites, lemos todas esas cartas.
Alfonsín vén de Hawai polo que cada vez que o vemos temos que saudalo dicindo “Aloha, Alfonsín” (se non saudamos ponse triste).
E, Alfonsín é tan bo facendo o seu traballo que ata na velada do día 16 os celosos de Correos o raptaron para levalo con eles pero, por sorte, puidemos recuperalo a tempo.
Sen dúbida, Alfonsín xa gañou o cariño de todas as persoas do campamento.
Martina