Na actividade de Intermareal, estivemos descubrindo e observando sobre todo a fauna mariña da zona da Mariña Lucense, vimos dende cangrexos, camaróns, lorchos e corcóns. Tamén comentamos os distintos tipos de algas, e as que son comestibles ( pero sen probalas). @s acampad@s mostraron moito interés, sobre todo en como certas especies son capaces de sobrevivir en ecosistemas tan extremos, debido ás mareas e a erosión provocada, que fai que outras clases de animáis non podan vivir nun ecosistema tan difícil.
Rubén Herrera