Hoxe espertounos María logo baixamos a almorzar ao rematar comezamos a actividade da mañá a cal consistía en facer un vídeo da nosa rutina no campamento. Ao rematar a actividade fomos a xantar e o menú de hoxe constaba do primeiro prato que era una ensalada campestre, o segundo prato eran unhas croquetas de chourizo con empanadillas de tomate para finalizar xantar tivemos iogures e de distintos sabores. O rematar o xantar fomos a recoller os nosos móbiles para comezar as actividades de tarde, que foron foron as lasertag e os deportes alternativos, nas que nos dividimos por grupos e dispoñemos dun descanso para merendar un bocadillo de pavo e unha froita e continuar a actividade.
Iván Allegue