Onte foi o noso primeiro día no campamento A Devesa. Ao chegar estivemos facendo uns xogos para coñecernos. Logo explicáronos as normas de comedor e cantamos unha canción chamada “Los chicos de Devesa”. Despois de comer explicáronos as normas do campamento e instalámonos nas tendas de campaña.
Asignáronos o noso grupo de rotación para facer actividades durante o campamento. Despois de facer actividades co noso grupo fomos cara as duchas, a continuación ensináronos uns bailes e logo fomos a cear. Despois de cear fixemos unha velada todos xuntos, contáronos un conto e fomos ás tendas para durmir.
Mencía Fernández e Aine Castro Fdez.