Boas, somos Sara, Lara e Olivia. Nesta quenda pasámolo moi ben xa que fixemos numerosas cousas.
Empezábamos o día de forma moi marchosa . Despois de almorzar facíamos o activa-t e a nosa canción e baile favorito era o de “calimeño”.
Logo, os xogos eran moi divertidos pero o que máis nos gustou foi a tirolina e o rocódromo.
A comida estaba moi rica e as veladas eran o mellor de todo xa que eran de noite e pasábamolo moi ben.
Tamén tiñamos a Alfonsín, o encargado de gardarnos as cartas para despois lelas.
Recomendamos moito o campa para pasalo xenial, fanse moitos amigos, no terceiro día xa nos coñecíamos todos.