Onte, despois do almorzo tivemos unha actividade na que cada un inventou unha app útil na nosa vida ou para a sociedade, logo merendamos e uns minutos máis tarde comezamos a actividade de smartphone, onde aprendimos trucos e códigos para os nosos móbiles. Logo fumos xantar e dúas horas despois emprendimos camiño ata a piscina fluvial, onde xogamos, sacamos fotos e pasamos un bo rato.
Despois de ducharnos e cenar tivemos unha agradable velada todos xuntos.
David