Ao inicio da velada, o noso monitor explicounos o xogo que faríamos esa noite: “o Rommel e Montgomery”. Costoume comprender a finalidade e necesitei que me repetisen a mecánica varias veces, agobieime ata que ao traballo en equipo resultou a mellor solución para todo, ca organización e a comprensión do xogo. Finalmente disfrutei dunha gran velada e cun bonito recordo de esa noite.

Clara

A día dous de campamento tivemos a sorte de desfrutar da segunda velada que se preparou, xogamos a “Rommel e Montgomery”, e xusto eu, e Clara, outra compañeira do campamento, fomos as capitanas de cada equipo. Os monitores explicaron o xogo, e ao comezo atopeime un pouco desorientada, pois escoitara falar dél pero nunca xogara, mais todo se calmou un pouco cando se dividiron os grupos e decateime de que había un par de rapaces que gañaran o ano anterior e sabían como funcionaba. Despois de que me axudasen a comprender mellor o obxectivo do xogo, decidimos xerar unha estratexia coa que todos estivesemos de acordo.  Aínda que coa nosa estratexia conseguimos gañar, a clave, sen dúbida algunha, foi o xogo en equipo, pois eso foi o que fixo que todos o pasasemos xenial, gañasemos ou non.

Iria

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2024. Tódolos dereitos reservados