O Campamento Pokémon da Ludoteca comezou para os nosos pequenos entrenadores e entrenadoras. Durante estas primeiras dúas semanas estivemos poñéndonos a punto para comezar a aventura e explorar ao máximo o universo Pokémon da man dos nosos bichiños favoritos.
A primeira semana os nenos e nenas tiveron a oportunidade de crear os seus propios avatares, escoller os Pokémon iniciais, decorar a Ludoteca para convertela no noso propio ximnasio e incluso probar a xelatina con forma de Ditto.
Esta segunda semana seguimos as pegadas dos Pokémon tipo bicho, construímoslles pequenas casiñas aos do noso patio, vimos e creamos moitas bolboretas e incluso xogamos con globos de auga.
Estamos á espera de ver cales son as misións e Pokémons cos que nos atoparemos a semana que vén… seremos capaces de capturalos todos?