Paso de ecuador! E chegamos xa a metade da aventura … e parece que aínda acabamos de chegar! Chegar ao ecuador do campamento foi celebrado como merece, cunha estupenda excursión! Por fortuna tiña suficientes zonas de sombra polas que transitar e así esquivar un solazo implacable que nos deu un día tan luminoso como de abondosa calor. Unha calor á que lle puxemos remedio cun bo chapuzón no encoro que aliviou en boa medida a sensación de bochorno. Tamén houbo tempo para explorar a singular natureza e a paisaxe do lugar, alternadoa con algo de suave actividade deportiva como a de tiro con arco. Un día completo e marabilloso. A polo seguinte!
![](https://www.campamentosdegalicia.gal/wp-content/uploads/2020/08/WhatsApp-Image-2020-08-04-at-20.22.32.jpeg)