O sol está esquivo esta quenda pero a chuvia quixo facerse presente en Portomarín e a recibimos con agrado porque sabemos que é importante para refrescar os montes e apagar os lumes que sempre azoutan a nosa terra, pero claro, iso tamén obrigounos a cambiar un chisco a nosa programación e a actividade deportiva estivo presente pero na súa vertiente interior. Deste xeito deixamos amarrados kaiaks e paddle board para dedicar a mañá a uns disparatados xogos predeportivos que uns pintorescos personaxes, chegados na nosa máquina do tempo dende a Grecia clásica, nos propuxeron e que fixeron que botaramos moitas risas. Xa na tarde o teatro, con moitos xogos de improvisación e expresión serviron para que a tarde pasárase voando.

Leave a comment

icon-1.png

Campamentos de Galicia

É a marca de actividades de verán da empresa Vida Lactea que leva traballando no Lecer e Tempo Libre máis de 20 anos
icon-2.png

Enderezo

Pintor Corredoira, 427002 - LugoSpain
icon-3.png

Contacto

Horario de Oficiña: de 10:00 a 17:00 Teléfono: +34 982 82 84 96Email: campamentosdegalicia@vidalactea.com

Vida Láctea © 2021. Tódolos dereitos reservados